[dipl_button inline_buttons=»on» buttons_alignment=»center» disabled_on=»on|off|off» _builder_version=»4.27.4″ _module_preset=»default» button_font=»|800|||||||» button_text_color=»#FFFFFF» button_font_size=»17px» custom_margin=»0px||0px||false|false» custom_padding=»10px||0px||false|false» global_colors_info=»{}»][dipl_button_item button_text=»Benvida» button_url=»#intro» background_fill_style=»wipe_fill» button_custom_margin=»0px||0px||true|false» button_custom_padding=»0px||0px||true|false» _builder_version=»4.27.4″ _module_preset=»default» button_font=»|||on|||||» button_text_color=»#FFFFFF» button_font_size=»15px» global_colors_info=»{}» button_bg_color__hover_enabled=»on|hover» button_bg_color__hover=»#FFFFFF» button_bg_enable_color__hover=»on» button_text_color__hover_enabled=»on|hover» button_text_color__hover=»#212529″][/dipl_button_item][dipl_button_item button_text=»Obxectivos» button_url=»#obxectivos» background_fill_style=»wipe_fill» button_custom_margin=»0px||0px||true|false» button_custom_padding=»0px||0px||true|false» _builder_version=»4.21.0″ _module_preset=»default» button_font=»|||on|||||» button_text_color=»#FFFFFF» button_font_size=»15px» global_colors_info=»{}» button_bg_color__hover_enabled=»on|hover» button_bg_color__hover=»#FFFFFF» button_bg_enable_color__hover=»on» button_text_color__hover_enabled=»on|hover» button_text_color__hover=»#212529″][/dipl_button_item][dipl_button_item button_text=»Datos organizativos» button_url=»#datos-organizativos» background_fill_style=»wipe_fill» button_custom_margin=»0px||0px||true|false» button_custom_padding=»0px||0px||true|false» _builder_version=»4.21.0″ _module_preset=»default» button_font=»|||on|||||» button_text_color=»#FFFFFF» button_font_size=»15px» global_colors_info=»{}» button_bg_color__hover_enabled=»on|hover» button_bg_color__hover=»#FFFFFF» button_bg_enable_color__hover=»on» button_text_color__hover_enabled=»on|hover» button_text_color__hover=»#212529″][/dipl_button_item][dipl_button_item button_text=»Inscricións» button_url=»#inscricions» background_fill_style=»wipe_fill» button_custom_margin=»0px||0px||true|false» button_custom_padding=»0px||0px||true|false» _builder_version=»4.27.4″ _module_preset=»default» button_font=»|||on|||||» button_text_color=»#FFFFFF» button_font_size=»15px» global_colors_info=»{}» button_bg_color__hover_enabled=»on|hover» button_bg_color__hover=»#FFFFFF» button_bg_enable_color__hover=»on» button_text_color__hover_enabled=»on|hover» button_text_color__hover=»#212529″][/dipl_button_item][/dipl_button]

IV Encontro Galego
de Consellos Locais
de Participación
Infantil e Adolescente

18 e 19 outubro

[dipl_image_magnifier _builder_version=»4.27.4″ _module_preset=»default» global_colors_info=»{}»][/dipl_image_magnifier]

UNICEF Comité Galicia impulsa a participación infantil no marco da iniciativa Cidades Amigas da Infancia. O obxectivo é dar voz ós nenos, nenas para que as súas opinións sexan tidas en conta a nivel municipal a través dos órganos de participación infantil e adolescente en cada municipio.

O IV Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente celebrarase este 2025 durante os días 18 e 19 de outubro na Residencia de tempo libre de Panxón (en Nigrán). Os e as participantes establecerán lazos con outros participantes, reflexionarán sobre os dereitos da infancia e coñecerán novas ferramentas para defendelos implicando ós adultos e ás institucións.

Neste contexto, traballarase sobre os dereitos da infancia na contorna dixital, Actualmente, protexer os dereitos da infancia neste ámbito resulta fundamental para que os nenos e nenas poidan desenvolverse na esfera dixital de xeito seguro e protexidos. Esta temática  enmarcarase na actividade “Acende os dereitos da infancia” proposta por Cidades Amigas da infancia para celebrar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro).

Obxectivos do encontro

Favorecer o exercicio do dereito de nenos, nenas e adolescentes a participar en todo aquelo que lles afecta, promovendo estruturas de participación infantil e recoñecendo o seu dereito a opinar e a ser escoitados.

Fomentar o intercambio de experiencias entre os distintos consellos de participación infantil e adolescente da comunidade autónoma.

Abordar temas de interese para os nenos, nenas e adolescentes, como os dereitos na contorna dixital, para establecer conclusións compartidas.

Dar continuidade ao traballo desenvolvido nos tres Encontros Autonómicos anteriores, co fin de elaborar un documento marco (manifesto) que sirva como ferramenta de incidencia política a nivel municipal e autonómico, garantindo que as conclusións sobre estas temáticas teñan seguimento unha vez rematado o encontro.

Datos organizativos

Data

18 e 19 de outubro de 2025. Os participantes que veñan de lonxe poderán chegar o 17 á tarde.

Lugar

Residencia de Tempo Libre de Panxón (Rúa Cansadoura, 2, 36340 Panxón, Pontevedra)

Horario

Do sábado ás 10:00h ata o domingo ás 15:30h.

Destinatarios

70 nenos, nenas e adolescentes dos Consellos Locais de Participación dos concellos de Galicia.

Inscricións

Para poder asistir ao Encontro, cada consello de participación debe ter en conta que:

  • Cada consello estará representado por 5 nenos, nenas e adolescentes como máximo, de entre 10 e 17 anos. Recomendamos que a selección dos nenos e nenas responda ao consenso e a unha selección o máis democrática posible.
  • Cada consello estará acompañado por unha persoa adulta de referencia responsable do grupo.
  • Cada consello comprométese a trasladar os acordos e conclusións alcanzadas durante o Encontro aos seus compañeiros/as e representantes políticos.
  • Cada concello financiará cos propios recursos os desprazamentos da delegación do seu municipio. Estes traxectos deben estar axeitadamente cubertos polos seguros correspondentes, baixo a responsabilidade de cada municipio.
  • A organización cubrirá os gastos de estancia e manutención dos participantes e da persoa adulta acompañante de referencia.
  • Será obrigatorio que a persoa adulta de referencia que os acompañe durante o Encontro subscriba o protocolo de protección para o evento (documento de pautas de salvagarda) e participe nunha formación en liña.
  • Para a participación no Encontro é imprescindible que os nenos, nenas e adolescentes teñan a autorización correspondente debidamente cumprimentada.
  • Prazo de inscrición: Ata o 3 de outubro para cumprimentar o formulario de inscrición e os correspondentes modelos de autorización.

[gravityform id=»224″ title=»true»]

Organiza

UNICEF Comité Galicia coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Últimas noticias